Evento: Concerto de coro e conxunto instrumental

  • Concerto no Museo Etnolóxico en Ribadavia para conmemorar o Día Internacional dos Museos
xoves, 16 maio, 2019 - 20:00
Museo Etnolóxico de Ribadavia
, Ribadavia

Concerto de coro e conxunto instrumental

Actividade musical dentro das actividades de conmemoración do Día Internacional dos Museos

O ICOM (Consello Internacional de Museos) ven celebrando o Día Internacional dos Museos (DIM) dende o ano 1977, para concienciar ao público sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. 

Os museos xestionados pola Consellería de Cultura e Turismo ofrecen como cada ano un amplo programa con concertos, actividades teatralizadas, exposicións e obradoiros para todos os públicos, con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos o 18 de maio.

Este ano a cita desenvólvese baixo o lema “«Os museos como eixes culturais: O futuro da tradición», -que este ano coincide co da  25 Conferencia General del ICOM, que será en Kioto, Xapón, en setembro de 2019-, para centrarse no papel que desempeñan os museos como actores activos nas súas comunidades. 

O Museo Etnolóxico programou, entre outras actividades este concerto no patio do Museo, no que se ofrecerá unha actuación do Coro e Conxunto Instrumental do Conservatorio Profesional e da Escola Municipal de Música de Ribadavia.

A entrada será libre ata completar o aforo.

Máis eventos de tipo Concerto

Orquesta Sinfónica de Galicia
23 de maio
Teatro Principal de Ourense
Jam Session de Rock & Blues
23 de maio
Clavicémbalo
Cami
Cami
24 de maio
Sala Capitol
Moody Sake
Moody Sake
24 de maio
Café Cultural Auriense