Evento: Introdución á técnica do óleo

  • Obradoiro sobre a técnica do óleo no Museo de Belas Artes de Coruña. Fragmento dunha obra no Museo de BBAA da Coruña
sábado, 25 maio, 2019 - 10:45
Museo de Belas Artes
, A Coruña

Introdución á técnica do óleo

Achegamento á esta técnica pictórica ao través dalgunhas das obras de arte do Museo

Como todos os anos, no Museo desenvólvense obradoiros centrados nalgunha técnica artística para comprender mellor a execución das obras de arte que se contemplan. Este ano, a colección permanente do Museo de Belas Artes da Coruña servirá como punto de partida para introducir e desenvolver a técnica do óleo, un método de pintura que utiliza o aceite para mesturar os pigmentos, compoñente que por unha banda achega fluidez, pero tamén permite unha pintura máis dura e espesa, así como unha gran riqueza e calidade de tonalidades e cores. Grazas ao seu lento secado, pódese traballar amodo, favorecendo os efectos de degradados, fundidos e sombreados.

Nesta ocasión, o obradoiro será impartido pola artista Yolanda Dorda os sábados de maio, e o 1 e 8 de xuño, de 11:00 h a 13:00 h.

O taller, de carácter anual pretende achegarse a un colectivo adulto non especializado que busque aspectos diferentes para achegarse á Historia da Arte, dentro das actividades de primavera programadas polo Museo para unha maior difusión das súas coleccións.

A actividade conta coa colaboración da Asociación de Amigos do Museo.

Prazas limitadas con inscrición previa

Matrícula: 30 € (Amigos do Museo: 25 €)

RESERVA DE PRAZA:

. Desde a páxina web

. Por correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal

. Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 10:00 a 14:00)

Máis eventos de tipo Obradoiro

Laboratorio de Arte Urbana
17 de setembro a 17 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Laboratorio de arte contemporánea e xénero: o obxecto e o o espazo cotiá na obra de mulleres artista
25 de setembro a 11 de decembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Mapa, pluma e tinteiro
Atréveste a traducir connosco?
28 de setembro
Biblioteca de Galicia
Obradoiro infantil de astronomía
7 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal