Evento: Os temas da arte. Jenaro Pérez Villaamil e os romanticismos pictóricos españois do século XIX

  • Curso de arte “Jenaro Pérez Villaamil e os romanticismos pictóricos españois do século XIX” no Museo de Belas Artes de Coruña. Fragmento dunha das súas obras no Museo de BBAA da Coruña
martes, 18 xuño, 2019 - 11:30
Museo de Belas Artes
, A Coruña

Os temas da arte. Jenaro Pérez Villaamil e os romanticismos pictóricos españois do século XIX

Unha reflexión sobre o papel do movemento do Romanticismo na pintura do século XIX, con especial énfase na figura de Jenaro P. Villaamil

O curso, de carácter anual pretende achegarse a un colectivo adulto non especializado que busque aspectos diferentes para achegarse á Historia da Arte, dentro das actividades de primavera programadas polo Museo para unha maior difusión das súas coleccións.

Nesta ocasión, o curso será impartido polo comisario e crítico de arte coruñés Alberto Cartón os martes de cada mes, entre o 30 de abril e o 18 de xuño. O curso propón unha análise da pintura española do período romántico, con especial detemento na obra de Jenaro Pérez Villaamil, un dos artistas centrais na colección do museo. Tamén se analizarán obras doutros autores seleccionados dentro do panorama español e galego, segundo a súa importancia obxectiva e comparativa. Ademais analizarase o contexto no que desenvolveron a súa obra, tanto desde o punto de vista intelectual como socioeconómico, o que en moitos casos impulsou unha pintura contestataria, revisionista ou profundamente renovadora.

O curso conta coa colaboración da Asociación de Amigos do Museo.

Prazas limitadas con inscrición previa

Matrícula: 15 € (Amigos do Museo: 10 €)

RESERVA DE PRAZA:

. Desde a páxina web

. Por correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal

. Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 10:00 a 14:00)

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Castelao constructor da nación
Presentación do libro Castelao: Construtor da Nación
27 de setembro
Biblioteca Pública de Lugo
Palestra
Palestra con Don Isaac Alonso Estraviz
25 de setembro
Biblioteca Pública de Lugo