Evento: Antonio Fraguas, memoria dun soño

  • Detalle do primeiro panel da exposición Antonio Fraguas, memoria dun soño
Antonio Fraguas, memoria dun soño
martes, 1 outubro, 2019 a martes, 15 outubro, 2019
Casa das Letras,
A Estrada

Antonio Fraguas, memoria dun soño

Exposición itinerante da Xunta de Galicia no marco da programación institucional Letras Galegas 2019

Deseñada e producida por Ronsel de Ideas, a exposición consta de 12 paneis en que se fai un percorrido pola vida de Antonio Fraguas e as achegas que, en diferentes momentos dela, fai á cultura galega, ata que, no final da súa existencia, coa chegada da democracia e da autonomía para Galicia, empeza a ver como se materializa o vello soño que guiou o seu percorrido vital. Ao tempo, vanse ofrecendo datos acerca da sociedade, da economía ou da política de cada momento histórico que axudan a comprender a súa figura e a súa obra.

A mostra fará parada, desde abril ata decembro, en doce localidades galegas: Arteixo, A Coruña, Celanova, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e, da man da Fundación Otero Pedrayo, Amoeiro.

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia
8 de novembro a 31 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura