Evento: De Sotomayor a Quessada. Tradición e modernidade na pintura galega

  • visitas guiadas para coñecer novas incorporacións no Museo de Belas Artes da Coruña
sábado, 1 xuño, 2019 - 18:30
Museo de Belas Artes
, A Coruña

De Sotomayor a Quessada. Tradición e modernidade na pintura galega

O Museo de Belas Artes da Coruña ofrece visitas guiadas para dar a coñecer a incorporación de novos fondos de artistas galegos á súa colección.

O Museo de Belas Artes da Coruña ofrece visitas guiadas para dar a coñecer a incorporación dos novos fondos procedentes do Museo Nacional del Prado, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofia, Círculo de las Artes de Madrid e coleccións particulares.

De entre as novas adquisicións, cabe sinalar o conxunto de 23 obras do pintor Fernando Álvarez de Sotomayor depositadas polo Museo Nacional del Prado xunto a obras doutros autores galegos como Urbano Lugrís, Julia Minguillón, Lago Ribera, Xaime Quessada, Juan Luis López, Isaac Díaz Pardo, Elena Gago, Manuel Molezún, Alberto Datas,  Román Navarro ou Isidoro Brocos, sumando un total de 39 pezas.

Estes novos ingresos permiten ao Museo mostrar un renovado discurso expositivo que sen dúbida axudará  a comprender mellor o mundo convulso de finais do século XIX e principios do XX, dende a tradición ata as novas tendencias que marcaron o inicio da modernidade e o desenvolvemento das vangardas artísticas no século XX.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Rutas literarias Camilo José Cela
Roteiro literario sobre Camilo José Cela (xullo)
13 de xullo
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela
Rutas literarias Camilo José Cela
Roteiro literario sobre Camilo José Cela (agosto)
10 de agosto
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela
Rutas literarias Camilo José Cela
Roteiro literario sobre Camilo José Cela (setembro)
14 de setembro
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela