Evento: Dragones e Chupacabras, unha aventura bilingüe
Dragones e Chupacabras, unha aventura bilingüe
Espectáculo de contactontos bilingüe, castelán e inglés, baseado nos libros de Adam Rubin.
O escritor estadounidense será o encargado de dirixir e protagonizar este espectáculo para nenos e maiores. Ademais, aproveitará esta ocasión para presentar os seus dous últimos títulos, El Chupacabras e Dragons Love Tacos.
Ao final do contacontos os máis pequenos poderan trasladar as súas dúbidas ao autor sobre os relatos que acaban de escoitar.
EMHU é o primeiro Encontro Mundial de Humorismo que se celebra en España. A Coruña acollerá este evento que ten como obxectivo homenaxear a comedia elevada e o humor de calidade, para coñecer os referentes imprescindibles e para desfrutar dos espectáculos con máis éxito. Tendo sempre presente o humor que fixeron Cunqueiro, Wenceslao Fernández Flórez, Camba ou Castelao.
Máis eventos de tipo Espectáculo