Evento: A saúde na cooperación ao desenvolvemento e a acción humanitaria

A saúde na cooperación ao desenvolvemento e a acción humanitaria
mércores, 10 abril, 2019 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

A saúde na cooperación ao desenvolvemento e a acción humanitaria

Mesa redonda

A biblioteca cede o espazo á Coordinadora Galega de ONGD para a organización desta mesa redonda enmarcada na programación de Compostela máis solidaria: dúas semanas de actividades para mudar o mundo.

Co gallo da conmemoración do Día Mundial da Saúde (7 de abril), as ONGD Médicos do Mundo e Medicusmundi presentarán o informe anual sobre os fondos de cooperación e acción humanitaria destinados á saúde por parte do Estado español e Galicia.

Está dirixida a persoas maiores de 16 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
Presentación libro
26 de abril
Biblioteca Pública de Ourense