Evento: Xeometría para manipular
Xeometría para manipular
Para este obradoiro non é preciso ter coñecementos previos de xeometría. Con todo, traballarase con diferentes curvas e superficies dun xeito lúdico e manipulativo, e serán os propios asistentes os/as encargados/as de crear as súas curvas e superficies.
En primeiro lugar introduciremos o concepto de envolvente e crearemos algunha envolvente “cosendo”. Os/as asistentes verán como son capaces de facer aparecer unha preciosa cardioide.
Falaremos tamén de superficies regradas, e posibles maneiras de crealas.
Falarase da figura de Félix Candela e da súa importancia na arquitectura. Deste xeito construiremos un paraboloide hiperbólico con papel e amosaremos outros xeitos de crealo, así como a creación de preciosas superficies soamente con cartolina.
Horario: 11:00 a 13:30 h
Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia
Público: Todos os públicos ( a partir de 8 anos)
Nº de prazas: 40
De balde, precisa inscrición no web
Máis eventos de tipo Obradoiro