Evento: O Son do Camiño 2021
O Son do Camiño 2021
Santiago de Compostela acolle a segunda edición do festival O Son do Camiño. O cartel deste ano está composto por máis de trinta recoñecidos artistas do ámbito musical, como Black Eyed Peas, Iggy Pop, David Guetta, Die Antwoord, Rosalía, Bastille, Bloc Party, Richard Ashcroft, Vetusta Morla Dimitri Vegas & Like Mike, The Hives, W&W e Iván Ferreiro, entre outros.
O Son do Camiño naceu no ano 2018 da man da Xunta de Galicia, en colaboración con Estrella Galicia, co obxectivo de promover a imaxe de Galicia a través dun dos seus referentes culturais máis importantes, o Camiño de Santiago. Na súa primeira edición o Monte do Gozo acolleu a máis de 80.00 persoas nos concertos de diferentes bandas de renome a nivel nacional e internacional.
O festival contará cunha zona de descanso e un Glamping, preto da zona de concertos, que dispoñen duchas, cafetería, consigna, seguridade e puntos de recarga de dispositivos móbiles, entre outros servizos. A reserva poderase facer a través da web do festival.