Evento: Cóntame máis!
Cóntame máis!
sábado, 30 marzo, 2019 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Cóntame máis!
Sesión de narración oral con Ángeles Goás
Espectáculo de narración oral composto por unha selección de contos nos que se respira igualdade e se respecta a diferencia, porque a verdadeira maxia aparece cando apreciamos a dignidade de todas as persoas.
Para nenos e nenas a partir de 4 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Actividade realizada ao amparo do Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Cultura e Turismo para desenvolver as medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Máis eventos de tipo Espectáculo