Evento: Regueifa con Harry Potter

Regueifa con Harry Potter
mércores, 27 febreiro, 2019 - 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Regueifa con Harry Potter

Regueifeiras da Semente

Actividade impulsada polas Regueifeiras da Semente, un grupo de rapazas e rapaces de 9 anos e o seu profesor, Séchu Sende, que queren convidar a máis nenas e nenos e xente nova a coñecer a improvisación oral en verso.

Esta actividade ten como obxectivos vincular a regueifa ao imaxinario literario e cinematográfico de Harry Potter, do que son siareiras; visibilizar a regueifa como vehículo de expresión cultural popular (pop) e protagonizada pola infancia e a xuventude e promover a lingua galega como instrumento de socialización da infancia e da sociedade.  

A actividade estará acompañada dunha mostra bibliográfica dos exemplares de Harry Potter en lingua galega que hai na biblioteca.

As Regueifeiras da Semente son un grupo de crianzas que se xuntan para regueifar no Centro Social A Gentalha do Pichel, co profesor de improvisación oral en verso, Séchu Sende.

A actividade de Regueifa tamén está organizada pola Escola de Ensino Galego Semente de Compostela, da que foron alumnas algunhas das crianzas regueifeiras.

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Unha de piratas
22 de abril
Biblioteca Central Emilia Pardo Bazán
Cueiros de cores
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Ponteceso
Ondamini con Mamá Cabra
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal das Pontes de García Rodríguez
O traxe novo do rei
24 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Baiona