Evento: Peza do mes: Placa de cinto. Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé

  • Portada da publicación da Peza do Mes
  • Detalle da peza protagonista da Peza do Mes de febreiro
mércores, 13 febreiro, 2019 - 20:00
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
, Ourense

Peza do mes: Placa de cinto. Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé

Presentación pública, conferencia e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

A presentación deste mes é moi significativa xa que o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense completa o ciclo de 200 Pezas do mes, unha actividade que vén realizando ininterrompidamente desde 1999.

Con motivo desta conmemoración, o Museo agasallará a todos os asistentes á presentación da Peza do mes de febreiro co catálogo da exposición "Escolma de escultura".

 

Nesta ocasión a peza procede do Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé. É un dos xacementos máis significativos, vinculado á investigación de campo do propio Museo, desde que en 1983 se iniciaron escavacións sistemáticas neste enclave arqueolóxico, continuando ata a actualidade.

Trátase dunha placa de cinto de forma rectangular, fabricada á cera perdida, con decoración calada de estilizacións de rolos vexetais. Neste tipo de broches conflúen tanto a tradición dos broches militares altoimperiais, como a influencia dos cingula militae europeos. Os compoñentes de cintos, xunto con outros elementos de arreo de cabalo, manifestan a relevancia social do que foi o seu propietario e a súa posible pertenza a unha elite de certo prestixio.

 

Coma cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos –neste caso, dos arqueolóxicos- para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A presentación pública e a publicación, na que mensualmente un especialista ou investigador da a coñecer a historia particular, o contexto histórico e as características formais e de estilo da peza escollida, este mes están a cargo do arqueólogo e director do Museo,  Xulio Rodríguez González.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

A peza do mes de xullo seleccionada no Museo de Valle Inclán da Pobra do Caramiñal
Peza do mes. Carta autógrafa
19 de xullo a 4 de agosto
Museo Valle Inclán
Mostra bibliográfica A Biblioteca vaise de vacacións-Biblioteca Pública da Coruña MG Garcés
A Biblioteca vaise de vacacións
3 de xuño a 15 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Mostra Bibliográfica Libros polo planeta:Biblioteca Pública da Coruña MG Garcés
Libros polo Planeta
4 de xullo a 31 de agosto
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés