Evento: A historia en feminino

luns, 11 febreiro, 2019 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
, Santiago de Compostela

A historia en feminino

Monográfico sobre mulleres na ciencia con Lisístrata

Mulleres que romperon barreiras e destacaron nun mundo de homes e, pese aos seus logros na ciencia e na tecnoloxía, foron inxustamente invisibilizadas.
Xa é hora de que se coñezan as súas vidas e os seus logros, para crear referentes nas nenas e que se acheguen ao mundo da ciencia, mediante contos, xogos...

Adherímonos así á proposta da plataforma Iniciativa11defebrero para visibilizar o traballo das científicas e crear roles femininos nos ámbitos da ciencia e da enxeñería e promover prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico.

Dirixido a público familiar.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Espectáculo

#mimadreestrendingtopic
16 de xuño
Auditorio Abanca - Preguntoiro
David Perdomo
16 de xuño
Auditorio de Torroso
Juan Amoedo
La Máquina del Tiempo
28 de xuño
Auditorio Abanca - Preguntoiro