Evento: DÍA DO PÚBLICO USUARIO

  • Superlectores 2019
martes, 8 xaneiro, 2019 a sábado, 12 xaneiro, 2019
Biblioteca Pública de Lugo
, Lugo

DÍA DO PÚBLICO USUARIO

DÍA DO PÚBLICO USUARIO

Celebración do Día do Usuario e da Usuaria o 11 de xaneiro.

A Biblioteca convida aos seus lectores e lectoras a participar nas actividades conmemorativas:

 

.Nomeamento de socios de honra 2019. Para os 3 usuarios infantís e 3 adultos con máis préstamos no 2018. ?Os SUPERLECTORES?.

Este nomeamento durará un ano, ata o próximo día do usuario 11/01/2020, e daralles opción de levar máis obras en préstamo que o habitual durante o ano 2019.

 

-Socio de honra Adulta: ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de computador e de videoconsola), e 6 publicacións periódicas prestables. 

 

-Socio de honra Infantil: ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de computador e de videoconsola), e 6 publicacións periódicas prestables.

 

.Incremento do número de obras que se poden levar en préstamo durante o Día do Usuario e da Usuraria para todos os lectores e lectoras que se acheguen a Bibliotecaa celebrar esta conmemoración.

-Adultos: ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de computador e de videoconsola) e 6 publiciacións periódicas prestables.

-Público infantil: ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais e 6 publicacións periódicas prestables. Todos os usuarios e usuarias poderán solicitar ese día 2 obras en préstamo intrablibiotecario.

. Visitas guiadas as 12:00 h e as 18:00 h aberta a todo o público que desexe coñecer os servizos, espazos e coleccións que ofrece a nosa Biblioteca.

Máis eventos de tipo Exposición