Evento: Unha mirada de antano

venres, 14 decembro, 2018 a domingo, 13 xaneiro, 2019
Centro Cívico Cultural
, Arteixo

Unha mirada de antano

Fotografías de Ruth Matilda Anderson

A Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo acolle unha escolma de imaxes da fotógrafa neoiorquina Ruth Matilda Anderson, que durante os anos 20 percorreu Galicia capturando aos seus habitantes. 

Esta fotógrafa investigadora da Hispanic Society de Nova York chegou a Galicia en agosto do ano 1924, data na que desembarca no porto de Vigo xunto ao seu pai co encargo de capturar en imaxes Galicia. Volvería en 1926 acompañada doutra fotógrafa, Frances Spalding, para ampliar a colección de imaxes. Anderson fixo unha recompilación de evidencias dos costumes do pobo galego, dedicándose ao que resultaba máis difícil: documentar a vida das xentes, en especial das zonas de complicado acceso. 

A exposición complétase cun programa de actividades para escolares: 

• Viaxando da man de Antón, o fillo do afiador. Infantil a 3º de primaria
• Pontevedra 1924. Regreso ao pasado. 4º de primaria a 2º de ESO
• Unha mirada de antano. 3º, 4º de ESO, bacharelato e C.F.

Máis eventos de tipo Exposición

A olería en Galicia: unha mirada a partir dos fondos do Museo Etnolóxico
10 de novembro a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Fotógrafos da Natureza 2016. European Wildlife Photographer of the Year
14 de xaneiro a 27 de abril
Sede Afundación Lugo
Terras de Salitre. Cristina Mittermeier
24 de xaneiro a 5 de maio
Sede Afundación Ferrol