Evento: O camiño de Castelao

  • O camiño de Castelao
xoves, 17 xaneiro, 2019 - 20:00
Museo Centro Gaiás
, Santiago de Compostela

O camiño de Castelao

Concerto da Real Filharmonía de Galicia e encontro con persoas refuxiadas en Galicia

Continúan as actividades arredor da mostra Castelao maxistral, que trae por vez primeira a Galicia o cadro A derradeira leición do mestre, do artista de Rianxo. 

A programación comezará en 2019 cunha xornada dedicada ao exilio, dentro da cal haberá un concerto da Real Filharmonía de Galicia no que o repertorio estará centrado nos países que percorreu o intelectual galeguista, ademais dun encontro con persoas refuxiadas en Galicia.

O recital baséase nunha unha escolma de temas representativos dos diferentes países que marcaron a vida de Castelao, realizada polo director titular e artístico da formación, Paul Daniel. A través do repertorio escollido, os e as asistentes farán no Museo Gaiás un percorrido vital do periplo do artista galego por Rusia, Cuba e Estados Unidos, ata o exilio definitivo en Buenos Aires.

Haberá tamén un encontro con persoas refuxiadas en Galicia, en colaboración con Amnistía Internacional. Estará moderado polo responsable de Relacións Institucionais de Amnistía Internacional en Vigo, Manuel Martínez Barreiro, e formarán parte da mesa: Juan Sosa Madonado, refuxiado proveniente de Oaxaca (México) e Nour Al Hussen, refuxiada proveniente de Siria.

A asistencia ao encontro é de balde previa inscrición na páxina web da Cidade da Cultura de Galicia, xa que as prazas son limitadas.

Programa do concerto

 I.
- E. W. Korngold: Much Ado About Nothing, op. 11 (suite) 

- M. Quiroga (orq. P. Daniel): Alborada/Danza argentina/Emigrantes celtas/Himno

- D. Milhaud: Le creation du monde, op. 81

II.
- I. Stravinsky: Suite Pulcinella (rev 1949)

- A. Piazzolla: Libertango tango

Máis eventos de tipo Concerto

nikki hill
Nikki Hill
24 de marzo
Garufa Club
Zetazen
Zetazen
28 de marzo
Sala Bunker
Javier Perianes
Javier Perianes
29 de marzo
Auditorio de Galicia
Zetazen
Zetazen
29 de marzo
Sala Mala Testa