Evento: "Vestindo e desvestindo contos"
"Vestindo e desvestindo contos"
sábado, 12 xaneiro, 2019 - 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña "Vestindo e desvestindo contos"
Con Cris de Caldas
A roupa e o calzado non só nos tapan do frío e das vergonzas, tamén nos identifican como persoas. Aí radica a súa importancia na vida... e nos contos.
Contos para vestir e desvestir como roupa de abaixo e roupa de garda. Contos para todos os días e contos para as festas.
Só fan falta rapaces e rapazas que os acompañen.
Anímaste a este desfile de contos onde a indumentaria de fantasía é un modelo de alta costura?
Data: 12 de xaneiro, ás 12:00 horas
Lugar: Na Ludoteca da Sala Infantil
Para nenos e nenas de 4 a 12 anos. Entrada libre ata completar aforo.
Máis eventos de tipo Espectáculo