Evento: La desnudez

La desnudez
xoves, 25 abril, 2019 - 20:30
Sala Principal- Auditorio municipal de Ourense,
Ourense
Espectáculo de danza contemporánea

Elenco: Daniel Abreu e Dácil González

A obra é unha proposta poética sobre o saber quererse. Dúas figuras en escena, apuntando unha idea de polaridade e de viaxe desde a morte ao amor. Onde acompaña a música, o músico, o son grave do vento no metal. A nudez responde a ese lugar de intimidade, onde xa non existen as preguntas. A beleza na nudez do que hai e o que acontece. Ás veces o sublime dunha man que toca e intercambia calor e suor, e ás veces quere mal. Outras o exercicio de exercer o amor e sostelo. Constrúese e destrúese, como o acto da respiración. É unha danza do que entra en cada universo e que trata de engulir para vomitar algo novo. Dúas persoas que provocan o impulso de estreitar os lazos pero querendo mantelos frouxos para poder desanoalos rápido.

A nudez é un acto de morte, como a exhalación, sacalo todo para que empece algo novo e ao mesmo tempo a nudez é construír coa ilusión de que isto era o definitivo.

Podería lerse a obra de atrás cara adiante, onde aparece a viaxe e o sentido dunha unión sentimental. Unha obra que vai do negro ao branco, dun espazo cuberto a un espazo aberto. 

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Cores Contos e Rock´n´Roll coa Ramona Pequena
19 de abril, 19:30
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
Neura
19 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Hasta que la muerte nos separe
19 de abril, 20:00
Teatro Principal de Ourense - Ourense - Ourense
1888. A señorita Xulia
19 de abril, 20:30
Teatro Principal - Santiago de Compostela - A Coruña