Evento: Leah Senior
Leah Senior
Leah Senior vén desde Melbourne e coa súa presenza doutro mundo e un lirismo único, conecta con estándares atemporais e de aí pasa a unha sensibilidade do século XXI.
Leah Senior publica a súa música en Flightless Records, o selo de King Gizzard & The Lizard Wizard. A súa música é como espiar os pensamentos expresados doutra persoa. Lembra á alegría de Joni Mitchell a través do seu acolledor minimalismo.
O seu segundo álbum, Pretty Faces, xira suavemente na súa propia forma de recuperación psicolóxica. O seu folk crea melodías fráxiles, pero sen esforzo áxil, que demostran unha claridade de pensamento e disciplina estudada más alá dos seus anos. As súas cancións evocan o familiar e o peculiar, o poético e o plano.
Máis eventos de tipo Concerto