Evento: Celebración

  • Celebración
  • Celebración
venres, 14 xuño, 2019 - 21:30
Salón Teatro
, Lalín
Espectáculo a cargo da compañía Sarabela Teatro

Elenco Elena Seijo, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Nate Borrajo e Fina Calleja.

Sinopse: Neste cóctel vai pasar algo importante, ten que pasar algo moi importante, porque está anunciado por terra, mar e aire, porque asalta os nosos ollos e os nosos oídos, porque chegar a ese cóctel é entrar no mundo do luxo, e o luxo non é unha cuestión de cartos, é unha cuestión de gusto, de saber estar, de saber ser persoa. "O luxo é o contrario da vulgaridade" (Coco Chanel), de ser vulgo, de non ser… ninguén. Hai que estar na fotografía do evento, onde están todas aquelas persoas que merecen a pena. E así, hordas de invitados e de non invitados achéganse ás portas do macroespazo onde ten lugar o evento, a celebración, o gran cóctel. Esquecer as miserias cotiás por estar aí un momento, por sentirse invitado na gran festa. Unha comedia sobre o asalto ao poder.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Animais de compañía
27 de setembro, 12:00
Auditorio Municipal de Ourense (Sala Principal)