Evento: Animal sagrado
Animal sagrado
Elenco:
Diana Mera
Jorge Gallardo
Sinopse:
Lembra que ti tamén tes alma de animal
A partires desta idea esencial, establécese un reencontro cos animais como seres vivos únicos, sabios e inocentes dos que temos moito que aprender de establecermos unha relación equilibrada e orgánica, afastada da consideración de obxectos da nosa propiedade.
Animal sagrado, procura traer á actualidade ese amor profundo e respecto pola vida a través da historia de tres animais considerados máxicos e sagrados en distintas culturas: O gato en Exipcio, o elefante en África e os peixes Koi en xapón. Todos eles animais ben coñecidos para os nenos de hoxe.
Preténdese, desta maneira, establecer un nexo de unión entre a historia pasada e a historia presente, trazando un arco que transite desde o cercano e cotián ata lonxano e exótico; desde realidades concretas ás que temos acceso, como os gatos nos refuxios de animais e a caza masiva de elefantes, ata as lendas milenarias de xapón e a cultura do Antigo Exipto.