Evento: Andrea Pousa en Trío
Andrea Pousa en Trío
Andrea Pousa en Trío
Concerto de autor a cargo de Andrea Pousa en Trío
Hai un punto, arredor de certas músicas, onde todos nos sentimos limitados a hora de ter que etiquetalas, mesmo verbalizalas.
Ese é o mundo onde a voz emocionante de Andrea Pousa habita e dá forma, a través dun puñado de cancións diversas, picando aquí e alá: lirismo, tradición, vanguardía, popular… Todas elas cancións orixinais, excepto unha versión innovadora da coñecida “Negra Sombra” de Rosalía de Castro e Xoan Montes.
Cancións interpretadas en galego, castelán e portugués
Ligazóns