Evento: Sabela King & The Heartbreakers

sábado, 23 marzo, 2019 - 20:00
Multiusos da Xunqueira
, Redondela

Sabela King & The Heartbreakers

Concerto de blues en formato quinteto

Quinteto do que forman parte Sabela King, Ramón Figueira “Figui”e Benjamín Vázquez. Estilísticamente móvense entre o blues, o country e o soul dos 50's 60's, adaptando versións dos clásicos destes xéneros e temas actuais.

Parte do repertorio está formado por temas propios acompañados de ukelele e voz da man de Sabela e adornados intelixentemente polas guitarras de Benja, as armónicas de Figui, baixo e percusión.
Cabe destacar a súa participación no Festival Feito A Man do 2015 e tamén no V Outono Códax Festival, ambos en Santiago de Compostela. Así como a súa participación na primeira edición do Fisterra Blues Experience.

 

Sabela “King” - Voz, ukelele e percusión

Benjamín Vázquez – Guitarra

Ramón “Figui” - Armónicas

Baixo

Percusión

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Papar sen cancelas
20 de abril, 20:00
Centro cultural Avenida
Papar sen cancelas
21 de abril, 20:30
Auditorio municipal Reveriano Soutullo
Entresoños
25 de abril, 20:30
Teatro Principal de Santiago de Compostela
La desnudez
25 de abril, 20:30
Sala Principal- Auditorio municipal de Ourense