Evento: Un verso, un cantar
Un verso, un cantar
Elenco: Bruxo Queiman (actor), Andrea Pousa (cantante) e tres músicos
Un verso, un cantar nace como resultado do compromiso e amor pola cultura galega da compañía Queiman e Pousa; sumado ao gusto de fusionar distintas artes para ofrecer ao público un amplio abano de sensacións.
Fusión poética e musical, de poemas de artistas tan recoñecidos como Eduardo Pondal, Pascual Veiga, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Neira Vilas, e tantos outros que xa non están entre nós, pero que foron a nosa voz e memoria dende outras terras, ata autores dos nosos días, como Méndez Ferrín ou Manuel Rivas, que continúan esa labor de supervivencia da nosa cultura.
Fusión pouco habitual de declamación, canto e música, que envolve o público nun halo elegante, creativo ao tempo que cercano, tanto polo sentimento que esconde tras cada verba ou nota, como pola novidade e amplitude do público que abarca.
Máis eventos de tipo Concerto