Evento: A gala

xoves, 14 febreiro, 2019 - 20:30
Auditorio Municipal de Ourense
, Ourense
Danza contemporánea a cargo da compañía Licenciada Sotelo

Intérpretes: Cristina Vilariño, Rebeca Carrera, Nuria Sotelo.

A gala parte dunha idea de proceso, unha investigación en relación a figura e obra de Maruja Mallo como eixo do proceso creativo, sendo éste ao mesmo tempo o artellador da peza.

A gala é unha peza que xira ao redor do traballo de creación de tres bailarinas; encargadas de coreografiar o fío conductor da Gala de entrega dos Premios Maruja Mallo (os máis relevantes galardóns da cultura do país que as acolle).

Na dramaturxia, Maruja Mallo ten por fin un lugar próximo, o que lle corresponde, a primeira liña en canto difusión da súa obra e o recoñecemento histórico que lle pertence.

Ao mesmo tempo, e seguindo a figura da pintora, a peza fai unha critica ás nosas propias figuras reivindicativas. Unha crítica á actual sociedade durmida na que a acción se revela como última opción.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

El tesoro de Barracuda
16 de febreiro, 17:30
Auditorio Municipal Manuel María
Pum, pum!
16 de febreiro, 18:00
Centro cultural Avenida
Frankenstein. No soy un monstruo
16 de febreiro, 18:00
Teatro Pastor Díaz
Sherlock Holmes
16 de febreiro, 18:00
Centro cultural e xuvenil