Evento: A moda en detalles

venres, 21 decembro, 2018 (hora sen determinar) a sábado, 23 febreiro, 2019 (hora sen determinar)
Castelo de Soutomaior
, Soutomaior

A moda en detalles

Indumentaria e complementos (1870-1925)

O castelo de Soutomaior acolle a exposición A moda en detalles: indumentaria e complementos (1870-1925), que recupera a moda da época de María Vinyals, a marquesa de Ayerbe e propietaria a comezos do século XX do castelo. A mostra bota man da colección dos fondos do Museo de Pontevedra centrada na moda feminina de finais do século XIX e principios do XX para facer un percorrido histórico polo vestiario. 

A través de A moda en detalles darase a coñecer como vestían as mulleres coetáneas a Vinyals, os seus gustos, como accedían á moda ou como eran as diferentes tendencias nas que o gusto pola diversidade foi predominante, ademais dun símbolo de modernidade para moitas mulleres. Entre os fondos mostrados estarán pezas que pertenceron ás irmás Domecq, á familia García Solís ou ás irmás Mendoza. En total, haberá 200 pezas de bordados, abelorios, calzado, cosmética, xoiería, publicacións, complementos e pezas únicas na moda feminina de finais do século XIX e comezos do XX. 

Máis eventos de tipo Exposición