Evento: As nosas letras de Muller a Muller

martes, 18 decembro, 2018 - 19:30
Librería Couceiro
, Santiago de Compostela

As nosas letras de Muller a Muller

Unha viaxe ilustrada polo Día das Letras Galegas

A libraría Couceiro acolle a presentación de As nosas letras de Muller a Muller, un percorrido polo día das Letras Galegas e os autores homenaxeados que pon en valor ás escritoras galegas homenaxeadas nas diferentes edicións da xornada. O libro conta con ilustracións da artista compostelá Mareiras e con textos de Ánxela Lema París. A presentación do libro contará coa presenza do profesor Juan M. Monterroso e do crítico literario Armando Requeixo. 

A obra nace cun interese divulgativo e busca facer un percorrido histórico polos autores e autoras recoñecidos no Día das Letras Galegas, representados nas ilustracións de Mareiras. Estes debuxos están feitos con bolígrafos e rematados cunha mancha de tinta, elaborada pola artista de xeito artesanal a partir de bugallos de carballo. 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

A contribución das mulleres á cultura galega
A contribución das mulleres á cultura galega
27 de xuño
Biblioteca Pública de Lugo
Mostra bibliográfica A Biblioteca vaise de vacacións-Biblioteca Pública da Coruña MG Garcés
A Biblioteca vaise de vacacións
3 de xuño a 30 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés