Evento: Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación

  • Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación
luns, 29 outubro, 2018 a sábado, 2 marzo, 2019
Sede Afundación A Coruña
, A Coruña

Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación

Exposición coa que repasar o vínculo entre música e artes plásticas

A mostra expón a confluencia entre música e pintura, con 50 pezas excepcionais das coleccións de arte ABANCA e Afundación. Un percorrido polas obras de Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, Castelao, José Manuel Broto, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís, Luís Seoane, Menchu Lamas, Luís Caruncho ou Xaime Quessada, entre outros artistas nacionais e internacionais. 

A relación entre música e artes plásticas é unha constante que leva suscitado un enorme interese ao longo da historia. A pesar de se trataren de disciplinas distantes que se moven por diferentes canles sensitivas, as conexións e puntos de encontro son evidentes non só en canto a obxectivos expresivos comúns, senón tamén no intercambio de conceptos como ritmo, movemento, cromatismo ou variación. A cuestión sobre as conexións de música e artes plásticas ten sido motivo de reflexión, teorización e ensaio, dando lugar a vínculos de moi diversa natureza e a novas formas creativas.

Todos os mércores ás 19.00h (non festivos) hai visita guiada de balde e sen inscrición previa.