Evento: MiiC2. Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea

  • miic2
martes, 4 decembro, 2018 a domingo, 10 marzo, 2019
Sede Afundación Santiago de Compostela
, Santiago de Compostela

MiiC2. Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea

Exposición colectiva que reúne máis de 200 ilustracións

Lara Lars, María Hesse e Christoph Niemann son algúns dos artistas que participan nesta exposición dedicada á vangarda da ilustración.

O debuxo e o uso da cor son o fío condutor desta mostra que está dedicada a unha xeración dinámica e experimental de artistas. As obras que se poden ver están elaboradas mediante técnicas moi heteroxéneas como o collage, videocreacións, cerámicas e instalacións conceptuais, entre outras.

A muller conta cun papel destacado nesta exposición, dos 16 participantes 13 son mulleres, o que demostra a repercusión do seu traballo no ámbito da ilustración. Ademais, Galicia aparece representada por algunhas das súas ilustradoras máis recoñecidas, Lara Lars, Iria do Castelo ou Bea Lema.

O día da inauguración da mostra realizarase unha visita guiada da man da comisaria da exposición, Matilde Rodríguez. A entrada será de balde previa inscrición.

Máis eventos de tipo Exposición

A olería en Galicia: unha mirada a partir dos fondos do Museo Etnolóxico
10 de novembro a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Castelao maxistral
Castelao maxistral
5 de outubro a 3 de marzo
Museo Centro Gaiás
Ana Juan
Debuxando ao Alén
13 de decembro a 24 de febreiro
Pazo da Cultura de Pontevedra