Evento: Novos Cinemas #03

martes, 11 decembro, 2018 a domingo, 16 decembro, 2018
Teatro Principal de Pontevedra
, Pontevedra

Novos Cinemas #03

Festival Internacional de Cinema de Pontevedra

Nesta terceira edición de Novos Cinemas a Sección Oficial presenta a que probablemente sexa a súa proposta máis ambiciosa ata o momento. Nove primeiras ou segundas longametraxes, case na súa totalidade inéditas en Galicia –tres delas estreas estatais absolutas–, que permiten albiscar unha exquisita panorámica en torno ás formas do cinema contemporáneo. Dende a selva amazónica ás megalópoles chinesas pasando pola vella nova Europa ou os montes galegos, os filmes presentados interróganse polo pasado e polo futuro dos relatos e da(s) historia(s) convidándonos a percorrer o planeta a través da mirada dos cineastas máis prometedores.

Pero ademais da Sección Oficial, Novos Cinemas tamén ofrece encontros, seminarios, retrospectivas, clases maxistrais ou concertos.

 

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

rescatada
Rescatada. 68 anos agardando a memoria filmada
17 de maio a 15 de setembro
MARCO - Museo de Arte Contemporánea
gloria
Gloria
25 de xuño
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Opening Night
Opening night
26 de xuño
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Good Times, Wonderful Times
Good times. wonderful times
27 de xuño
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)