Evento: Marem Ladson

  • -marem-ladson-pop-rock-folk.jpg
Marem Ladson
xoves, 6 decembro, 2018 - 21:00
Centro Torrente Ballester,
Ferrol

Marem Ladson

A cantautora hispano-estadounidense destaca co seu único single, All my Storms

Resulta bastante incrible que alguén grave un primeiro disco con apenas 19 anos e presente este nivel de imaxinación compositiva, profundidade nas letras e capacidade de interptetación. Pero é que case nada na vida de Marem Ladson resulta moi normal. O seu precoz talento, a súa seguridade sobre o escenario, a madurez coa que controla cada aspecto da súa carreira sorprenden inmediatamente. Esta aparición estelar foise forxando en presenzas en escenarios e festivais. Con apenas un single (All My Storms, 2017) chamou a atención de medios e programadores, catalogando á galega/estadounidense —nai de Ourense, pai de Nova York, xogador de baloncesto que veu xogar a España— como unha das promesas máis firmes do panorama musical.

Máis eventos de tipo Concerto

Cores Contos e Rock´n´Roll coa Ramona Pequena
19 de abril
Casa da Cultura Pintor Lloréns
Iseo & Dodosound
19 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Suma¹¹ VVV [Trippin' you]
19 de abril
Rúa de San Lourenzo, 51-53
Candlelight: Tributo a Coldplay
20 de abril
Campillo de San Francisco, 3