Evento: Os espazos culturais da arte en Galicia: estado da cuestión

martes, 11 decembro, 2018 - 10:00
Consello da Cultura Galega
, Santiago de Compostela

Os espazos culturais da arte en Galicia: estado da cuestión

Organizada pola Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega

O obxectivo deste encontro é facer unha valoración e unha análise da situación actual dos espazos artísticos en Galicia, ante a desaparición e cambio de rumbo de institucións que foron claves na modernización da arte contemporánea na Galicia das últimas décadas. Os efectos da crise económica foron e están a ser drásticos, e modifican non só os seus sinais de identidade senón a xestión, a programación e a calidade dos mesmos. Ademais de dar claves para entender a situación intentaremos propoñer posibles medidas de actuación.

A inscrición é gratuita e pódese facer no web do Consello da Cultura Galega.

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Urbtopías
Urbtopías
20 de decembro
Museo de Pontevedra
II Xornadas de Novela Histórica
29 de marzo a 30 de marzo
Biblioteca Pública Municipal de Verín
Melodías galegas de José Baldomir Rodríguez
17 de decembro
Real Academia Galega de Belas Artes