Evento: Na varanda

venres, 23 novembro, 2018 a venres, 22 febreiro, 2019
Centro Galego de Arte Contemporánea
, Santiago de Compostela

Na varanda

Proxecto de arte coa xente dos barrios e colectivos cidadáns

Na varanda é un programa educativo e de creación cuxo obxectivo é o encontro, o diálogo e o achegamento entre o museo e a veciñanza de Santiago de Compostela.

É unha proposta na que o público realizará a súa propia exposición de arte contemporánea empregando as obras dos fondos da Colección CGAC. As persoas participantes poderán coñecer de primeira man todo o proceso, fases e aspectos que agocha unha mostra artística.

O programa (todas as sesións serán os venres de 18:30 a 20:30 h) consta de dúas partes:

Parte 1

23 de novembro: Introdución do proxecto.

21 de decembro: Aproximación ao CGAC e á súa colección.

25 de xaneiro: Experimentación no taller.

22 de febreiro: Claves para a elaboración dunha exposición.

Parte 2

De marzo a xuño: acordaranse as datas cos colectivos participantes para o desenvolvemento da exposición.

As pesoas destinatarias son asociacións socioculturais, veciñais e todo tipo de colectivos cidadáns ou persoas interesadas no proxecto.

O período de inscrición está aberto ata o 30 de novembro.

As persoas ou colectivos interesados poden enviar unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.gal. Deben indicar o seu nome completo ou nome do colectivo, DNI, área de traballo ou interese, un enderezo de correo electrónico e un número de teléfono de contacto.

A actividade é de balde

Máis eventos de tipo Outras actividades

Clases de español para estranxeiros
Curso de español para estranxeiros
7 de xaneiro a 28 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Filocafé 2018-2019
Filocafé
3 de febreiro
Centro Galego de Arte Contemporánea
Filocafé 2018-2019
Filocafé
3 de marzo
Centro Galego de Arte Contemporánea
Filocafé 2018-2019
Filocafé
7 de abril
Centro Galego de Arte Contemporánea