Evento: O día máis curto

venres, 21 decembro, 2018 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
, Santiago de Compostela

O día máis curto

Proxección de curtametraxes na biblioteca

Celebración do Día da Curtametraxe no solsticio de inverno, o día máis curto do ano.

É un evento anual que xa se celebra con éxito noutros países europeos. O obxectivo principal é dar a coñecer a curtametraxe ao público a través de proxeccións de balde nas rúas e en todo tipo de espazos: prazas, colexios, museos, hospitais, comercios, bares, etc.

Evento aberto, a escala nacional, organizado pola Coordinadora del Cortometraje Español. 

Na sala infantil ás 18.30h. Europe Kids Program, programa de curtas infantís europeas, confeccionado por  Short  Circuit, a rede europea de distribuidores de curtas. Un programa especialmente pensado para as e os máis pequenos con 8 curtametraxes de animación, sen diálogo, provenientes de Croacia, Francia, Eslovenia, Italia, Francia, Portugal, Holanda e España.

No salón de actos ás 19.30h. Proxección de La cabina de Antonio Mercero. Falecido o 12 de maio deste ano, é probablemente un dos creadores máis importantes e influentes da historia do audiovisual español. A súa curtametraxe La Cabina (1972) pasou á historia como o primeiro Emmy (os Oscars da televisión. que concede a Academia de Televisión Americana) conseguido por unha produción española —e ata que hai uns días a serie La casa de papel obtivo o segundo, o único— e por ser a primeira produción de RTVE vendida a todo o planeta.
 

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
 

Descargas

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

rescatada
Rescatada. 68 anos agardando a memoria filmada
17 de maio a 15 de setembro
MARCO - Museo de Arte Contemporánea
gloria
Gloria
25 de xuño
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Opening Night
Opening night
26 de xuño
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Good Times, Wonderful Times
Good times. wonderful times
27 de xuño
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)