Evento: Café da memoria: as conserveiras

Café da memoria: as conserveiras
xoves, 24 xaneiro, 2019 - 18:30
Museo do Pobo Galego,
Santiago de Compostela

Café da memoria: as conserveiras

Sobre as traballadoras das fábricas de conserva

22 de novembro ás 20h no Auditorio: o músico e investigador Xurxo Souto presentará o proxecto de recuperación de cantigas de traballo das mulleres do mar. No acto participará Cantarelas, que poñerán voz a algunha das pezas recuperadas por Souto.

24 de xaneiro a partir das 18:30h: café coas protagonistas. Estarán algunhas operarias que traballaron nas fábricas de conserva da zona de Cangas e de Camariñas para falar das súas experiencias. A mesa estará moderada pola historiadora Encarna Otero. A fin destes encontros é preservar os saberes que gardan estas mulleres como parte do noso patrimonio cultural inmaterial.

Esta actividade conta coa colaboración de MAOS Innovación Social e do Concello de Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi). A asistencia a ambas actividades é libre e gratuíta.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
Presentación libro
26 de abril
Biblioteca Pública de Ourense