Evento: Unha mirada de antano

mércores, 7 novembro, 2018 (hora sen determinar) a venres, 7 decembro, 2018 (hora sen determinar)
Sala de Exposicións ABANCA
, O Barco de Valdeorras

Unha mirada de antano

Fotografías de Ruth Matilda Anderson

A exposición Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia permite descubrir como era o día a día na Galicia dos anos 20 a través da obra de Ruth Matilda Anderson.

Esta fotógrafa investigadora da Hispanic Society de Nova York chegou a Galicia en agosto do ano 1924, data na que desembarca no porto de Vigo xunto ao seu pai co encargo de capturar en imaxes Galicia. Volvería en 1926 acompañada doutra fotógrafa, Frances Spalding, para ampliar a colección de imaxes. Anderson fixo unha recompilación de evidencias dos costumes do pobo galego, dedicándose ao que resultaba máis difícil: documentar a vida das xentes, en especial das zonas de complicado acceso. 

O programa complétase con actividades para escolares e público infantil/xuvenil:

Viaxando da man de Antón, o fillo do afiador. Infantil a 3º de primaria
Pontevedra 1924. Regreso ao pasado. 4º de primaria a 2º de ESO
Unha mirada de antano. 3º, 4º de ESO, bacharelato e C.F.

Máis eventos de tipo Exposición

A olería en Galicia: unha mirada a partir dos fondos do Museo Etnolóxico
10 de novembro a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Roseiras e paxariños nas cantigas de un serán
13 de outubro a 1 de xuño
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Álvaro de la Vega
Álvaro de la Vega. A árbore da vida
22 de febreiro a 2 de xuño
MARCO - Museo de Arte Contemporánea