Evento: Outono de contos

  • Outono de contos
sábado, 10 novembro, 2018 - 15:30
Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar
, A Laracha

Outono de contos

Obradoiros e contacontos para o mes de novembro

Segunda parte da iniciativa posta en marcha polo Concello da Laracha para achegar unha programación propia aos nenos e nenas da zona. Outono de contos constará de cinco contacontos e dous obradoiros infantís.

Os contacontos van dirixidos a nenos e nenas de 3 a 8 anos de idade e estarán escenificados pola compañía Trinke Trinke. Son ás 18 horas, a entrada é de balde e non se precisa inscrición. Os obradoiros son para nenos e nenas de idades entre os 6 e os 12 anos e realizaranse no Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar. As prazas para os talleres están limitadas, polo que os e as interesados deben inscribirse previamente no Concello.

Programación

Venres 2 de novembro, de 10:30 a 13:30 horas: obradoiro de Samaín

Venres 2 de novembro, contacontos na biblioteca da Laracha: De onde veñen os bebés?

Xoves 8 de novembro, contacontos na biblioteca de Caión: A escola de Lonxedetodo

Sábado 10 de novembro, de 15:30 a 18:30 horas: obradoiro Reciclando e xogando

Venres 16 de novembro, contacontos na biblioteca da Laracha: Cores e persoas

Venres 23 de novembro, contacontos na biblioteca de Paiosaco: O pequeno circo das mans

Venres 30 de novembro, contacontos na biblioteca da Laracha: Rato canguro

Máis eventos de tipo Espectáculo

-abono-iv-festival-de-opera-ciudad-de-pontevedra
IV Festival de Ópera da cidade de Pontevedra
15 de marzo a 29 de marzo
Sede Afundación de Pontevedra
Tributo al rey león
Tributo do Rei León de Simba a Kiara
29 de marzo
Teatro Afundación Vigo
Cavalleria Rusticana
29 de marzo
Sede Afundación de Pontevedra