Evento: Talleres experimentais de arquitectura contemporánea MIES É +
Talleres experimentais de arquitectura contemporánea MIES É +
Cuarta edición deste ciclo de talleres dedicado á arquitectura contemporánea para o público infantil. Este ano o programa estará pechado cun taller dirixido ás familias.
Os talleres desenvólvense baixo a dirección do arquitecto Fermín Blanco co apoio do equipo didáctico do Sistema Lupo. O seu obxectivo é proporcionar aos nenos e nenas as ferramentas e as claves necesarias para interpretar a arquitectura actual a través das teorías, os proxectos e os traballos dos arquitectos e arquitectas máis importantes dos últimos tempos.
O Sistema Lupo está constituído por unha serie de pezas modulares que permiten múltiples posibilidades combinatorias, formas, proporcións, xogos de equilibrio e estratexias de acción. A dinámica que se propón fomenta a reflexión e a creatividade individuais, así como o traballo en equipo a través do xogo e a construción a grande escala. A metodoloxía inclúe unha parte teórica, onde se expón o pensamento e a obra de cada arquitecto ou arquitecta, e unha serie de retos construtivos.
Programación
Louis Kahn. O espírito do ladrillo
Sábado, 27 de outubro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo, 28 de outubro. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 15 ao 26 de outubro
Charlotte Perriand. A beleza do útil
Sábado, 24 de novembro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo, 25 de novembro. Para niños e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 12 ao 23 de novembro
Norman Foster. Anticipar o futuro
Sábado, 26 de xaneiro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo, 27 de xaneiro. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 14 ao 25 de xaneiro
Toyo Ito. Aprendendo da natureza
Sábado, 23 de febreiro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo, 24 de febreiro. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 11 ao 22 de febreiro
Konstantinovna Komarova. Cara o futuro, sen parar! Optimismo construtivista
Sábado, 30 de marzo. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo, 31 de marzo. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 18 ao 29 de marzo
Félix Candela. Esqueletos eficientes
Sábado, 27 de abril. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo, 28 de abril. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 15 ao 26 de abril
Burle Marx e Lota de Macedo Soares. Sentir a paisaxe
Sábado, 25 de maio. Para familias con nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo, 26 de maio. Para familias con nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 13 ao 24 de maio
Todos os talleres son de balde. As persoas interesadas poderán inscribirse, dentro dos prazos establecidos, a través do enderezo electrónico cgac.educacion@xunta.gal indicando os seguintes datos: nome completo e idade dos participantes, número de teléfono e enderezo de correo electrónico de contacto, e nome do taller ao que desexan asistir. Poderase inscribir un máximo de dous participantes mediante cada solicitude. As prazas cubriranse por orde de inscrición. As persoas solicitantes recibirán unha notificación por correo electrónico.