Evento: Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia

  • Alba de Gloria
  • Alba de Gloria
mércores, 7 novembro, 2018 a domingo, 3 febreiro, 2019
San Domingos de Bonaval
, Santiago de Compostela

Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia

Mostra arredor do último gran discurso de Castelao

San Domingos de Bonaval abrirá as súas portas o vindeiro 7 de novembro para acoller a exposición Alba de Gloria, que recrea e explica o coñecido discurso de Castelao, o derradeiro que daría o célebre autor e intelectual de Rianxo na súa vida. 

A mostra, organizada polo Consello da Cultura Galega e comisariada por Manuel Gago, pretende plasmar, dun xeito inédito en Galicia e empregando tecnoloxía innovadora, a alocución que Castelao pronunciou en 1948 en Bos Aires e que encerra en si mesma dous grandes valores: por unha banda, ser unha peza clave para a oratoria en lingua galega e, por outra, ser tamén unha alocución fundamental na traxectoria de Castelao, na que recrea unha especie de Santa Compaña galega ao enumerar as figuras relevantes que axudaron a configurar a cultura galega.

A exposición está aberta ata o 3 de febreiro.

Máis eventos de tipo Exposición

Castelao maxistral
Castelao maxistral
5 de outubro a 3 de marzo
Museo Centro Gaiás
Graciela Iturbide
Graciela Iturbide
24 de outubro a 27 de xaneiro
Fundación Barrié
Retrato de Marcelo Macías. José Pacheco. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Marcelo Macías
31 de outubro a 20 de xaneiro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Juan Puchades Quilis. Modelando vidas.
20 de novembro a 27 de xaneiro
Museo Provincial de Lugo