Evento: Poesía, a luz apagada?
Poesía, a luz apagada?
xoves, 15 novembro, 2018 a venres, 16 novembro, 2018
Consello da Cultura Galega,
Santiago de Compostela Poesía, a luz apagada?
XV Simposio O libro e a lectura
A Asociación Galega de Editoras celebra o XV Simposio O libro e a lectura, desta volta, baixo o lema Poesía, a luz apagada? A edición deste ano terá lugar os días 15 e 16 novembro 2018, no auditorio do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela.
O programa contará con dúas mesas redondas, dúas conferencias, un panel de experiencias, unha actuación-performance e un recital poético.
A inscrición é gratuíta ata completar a capacidade da sala (100 persoas) e pode realizarse a través do enderezo electrónico s.tecnica@editorasgalegas.gal ata o 12 de novembro.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso