Evento: Wanderlust Galicia-Baviera
venres, 26 outubro, 2018 a domingo, 6 xaneiro, 2019
Museo do Pobo Galego
, Santiago de CompostelaWanderlust Galicia-Baviera
Mostra de artistas Galicia-Baviera
A mostra, comisionada por Anton Sobral Iglesias e Hubert Huber, reúne a 33 artistas galegos e bávaros con propostas visuais que abordan a pintura, a escultura, a fotografía ou as instalacións. Unha variedade de propostas artísticas que ofrecen unha ampla imaxe de realidades figurativas e abstractas.
Esta cita é o resultado da colaboración entre o Museo do Pobo Galego, que abre as súas portas como espazo expositivo, e a Consellería de Cultura e Turismo e o Parlamento de Galicia, patrocinadores da mostra.
Ligazóns