Evento: Día da biblioteca

Día da biblioteca
mércores, 24 outubro, 2018 - 09:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel,
Vigo

Día da biblioteca

Actividades para celebrar a xornada especial

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA

 

-Mércores 24 de outubro ás 18:00: “A Biblioteca secreta”. Marisa Irimia. Descubriremos o por que de todos os segredos que esconde a misteriosa Biblioteca Secreta. A partir de 4 anos. Aforo: 35 nenos/as.

 

-Xornada de portas abertas: Visitas guiadas ás 12:30 e ás 18:00 h.

-Concurso: Que é a biblioteca para ti? Describe que é a biblioteca para ti a través dun debuxo ou dun texto. Prazo de presentación de traballos: 20 setembro-20 outubro

 

-Exposición bibliográfica: As vosas recomendacións: exposición bibliográfica dos libros recomendados polos usuarios da sala infantil durante o último ano. Do 22 de outubro ao 17 de novembro.

 

-Exposición bibliográfica participativa: Máis que ler: as bibliotecas do futuro. O futuro é agora e queremos aproveitar o Día da Biblioteca para facer unha reflexión aberta sobre como se nos presentan aos profesionais e á sociedade os servizos bibliotecarios, as coleccións, os usuarios ou mesmo os edificios das bibliotecas. Mediante unha serie da paneis expositivos e adhesivos de cores participaremos todas e todos desta visión de futuro. Do 24 de outubro ao 17 de novembro.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2023-24
23 de xuño a 31 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
XV Premio Atlante de Gravado
9 de setembro a 31 de maio
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
Club de lectura infantil
14 de outubro a 24 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
XVI Premio Novela Europea "Casino de Santiago"
22 de decembro a 25 de abril
Biblioteca Pública de Ourense