Evento: Filocafé

  • Filocafé 2018-2019
domingo, 3 febreiro, 2019 - 18:30
Centro Galego de Arte Contemporánea
, Santiago de Compostela

Filocafé

Conversas a partir dunha obra de arte da Colección CGAC

O CGAC organiza un ano máis os Filocafés na súa cafetaría. Estas iniciativas son conversas públicas, enfocadas desde un punto de vista filosófico, nas que poden participar todas as persoas interesadas en intercambiar inquietudes ou puntos de vista desde calquera área ou nivel de coñecemento.

Unha vez ao mes retírase unha obra de arte da Colección CGAC dos almacéns para que acompañe e propicie un debate ao seu redor. A peza elixida empregarase como punto de partida para a conversa, aínda que non só se falará de arte senón tamén doutros asuntos que suxira a obra a nivel temático, conceptual, formal ou anecdótico: desde ciencia a gastronomía, de política a música, de cine a estética etc. A idea é que todas as persoas que o desexen poidan opinar e achegar as súas reflexións sobre os temas que vaian xurdindo de xeito espontáneo, mentres gozan dun café.

 

PROGRAMA

7 de outubro. Encarna Otero, historiadora e política

2 de decembro. Nicasio Gradaille, profesor e músico

3 de febreiro. Román Padín, especialista en museos e moda

3 de marzo. Gena Baamonde, creadora e directora escénica

7 de abril. Emma Pedreira, narradora e poeta

Outras datas

Máis eventos de tipo Outras actividades

Na varanda
23 de novembro a 22 de febreiro
Centro Galego de Arte Contemporánea
Clases de español para estranxeiros
Curso de español para estranxeiros
7 de xaneiro a 28 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés