Evento: Asubíos

  • Asubíos
  • Asubíos - Falaredes 2018
domingo, 9 decembro, 2018 - 18:00
Salón de actos da casa do concello
, Castrelo de Miño

Asubíos

Un alegato da compañía Elefante Elegante para unha vida respectuosa do ser humano coa terra que o acolle

A quinta das propostas do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2018 é unha peza teatral dirixida a todos os públicos a partir de 3 anos e inspirada no universo literario do escritor mozambicano Mia Couto e no conto popular O flautista de Hamelín, recollido polos irmáns Grimm. No espectáculo que a compañía do Elefante Elegante crea para a Rede de Dinamización Lingüística, a temática xira arredor do medio natural e de como vivir en harmonía con el. Trátase dun alegato para unha vida respectuosa do ser humano coa terra que o acolle.

A Cidade Cinza era absolutamente silenciosa. Ninguén falaba, ninguén cantaba, ninguén ría e ninguén choraba. Naquela cidade unha morea de persoas camiñaba da casa para o traballo e da escola para a casa... sen parar. Non había unha soa flor, non habitaba unha soa árbore. Non había lugar para a natureza. Mais un día, pola cidade cincenta, meticulosa, silandeira e laboriosa pasou un home asubiando e cantando doces melodías de flores e cores garridas. As nenas e os nenos quedaron abraiados co home e a súa guitarriña. Arredor del voaban paxariños libres de cores alegres. A cidade parou. Asomada ás xanelas, a xente da cidade criticaba o home dos asubíos que distraía as persoas das súas obrigas cotiás. Pola súa banda, os mandaríns da cidade tentaron de todos os xeitos evitar que a natureza e as súas cores lle roubasen á cidade cincenta o seu nome. Será que o conseguiron?

Máis eventos de tipo Espectáculo

Puño puñete con Baobab Teatro
Puño puñete
19 de decembro
Local da S. C. A Pombiña de Pedroso
Accións Nimias
Accións Nimias
20 de decembro
SGAE
Música das árbores
A Música Das Árbores
21 de decembro
Museo de Historia Natural 'Luis Iglesias'
Puño puñete con Baobab Teatro
Puño puñete
21 de decembro
Casa da Cultura