Evento: O ritmo do camiño
O ritmo do camiño
O ritmo do camiño
Espectáculo de maxia a cargo da compañía A Tropa de Trapo
Antía e Wamba coñecéronse hai anos, compartindo unha merenda cando Antía era nena. Pero pasaron os anos e agora Antía está en África traballando coma cooperante, mentres Wamba segue en Europa intentando gañarse a vida.
As dúas seguen en contacto, falando a través da rede. Antía, no medio do seu choque cultural, descubrindo África, co seu ritmo, a súa alegría e os seus conflitos, e Wamba loitando día a día por saír adiante.
Antía contaralle a Wamba as historias africanas que se vai atopando e Wamba falaralle a Antía de cómo ve Europa despois de tantos anos intentando sobrevivir. As dúas xuntas na distancia, correo a correo, paso a paso, descubrindo o ritmo dos seus novos pasos.
Máis eventos de tipo Espectáculo