Evento: Pequenas historias subversivas
Pequenas historias subversivas
xoves, 27 setembro, 2018 - 19:30
Biblioteca Pública Municipal Rego da Balsa,
Carballo Pequenas historias subversivas
Un espectáculo de Themomento Impro
Xosé Neira Vilas sabía que cando escribía Memorias dun neno labrego no ano 1961 ía provocar que 28 anos máis tarde caera o muro de Berlín? Ata que punto o azar manexa as nosas vidas? Biófilo Panclasta estivo en Cangas nos anos 60? Quen foi Cachiño, o mariñeiro Rillote, e que tivo que facer para sobrevivir a un naufraxio en Tristán de Acunha? Que pintan Los Tamara en todo isto? Son as moitas preguntas que se fan neste espectáculo de narración oral para adultos e mocidade.
Máis eventos de tipo Espectáculo