Evento: AAMA

  • Arquivo Aberto da Memoria Arquitectónica
AAMA
xoves, 30 agosto, 2018 a domingo, 25 novembro, 2018
Torres Hejduk,
Santiago de Compostela

AAMA

Arquivo Aberto da Memoria Arquitectónica

O Edificio Castromil, o Cine Zárate, o Club Casino de Ortigueira... Todos eles son edificios que ocuparon rúas e prazas dalgunha localidade galega e que nalgún momento desapareceron. Agora son tamén os protagonistas da última intervención nas Torres Hejduk, que rescata a arquitectura galega desaparecida ou transformada, lonxe dos grandes relatos arquitectónicos presentes na contorna. 

AAMA (Arquivo Aberto da Memoria Arquitectónica) é un proxecto entre o metafórico e o documental de Francisco Ramallo, gañador no Encontro de Artistas Novos 2017 da V Convocatoria de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk. 

Coa colaboración de cinco artistas galegos emerxentes que participaron no EAN 2017 (Estela Barone, Matías Daporta, Leyre León, Mar Suárez e Andrea Torres), Ramallo levou a cabo un labor de investigación, análise e posterior recompilación de testemuños sobre edificios agora desaparecidos ou cunha función radicalmente diferente a cando os entrevistados tiveron contacto con eles.

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia
8 de novembro a 31 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura