Evento: Como ser armario empotrado

domingo, 21 xullo, 2019 - 17:00
Berdeogas
, Dumbría

Como ser armario empotrado

Monólogo de Marcos Pereiro

Marcos Pereiro é todo un camaleón do humor e do audiovisual en Galicia.

Presente nunha chea de proxectos relacionados coa escena e a televisión na última década, formou no ano 2000 o dúo cómico Os Dous de Sempre xunto co seu inseparable socio e amigo, Xosé Antonio Touriñán. Saltaron xuntos á fama polas aparicións televisivas no Luar da Televisión de Galicia. No seu currículo están producións como Tourilandia, A Casa da Conexa, Terra de Miranda, Air Galicia ou Vilamor. Buscando Ardebullo, un programa de viaxes por Galicia en clave de comedia que emitiu a TVG, é o seu último proxecto como presentador e produtor. Xunto con Touriñán ten interpretado infinidade de personaxes diferentes para distintos proxectos televisivos e de comedia en directo.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Patapatúm 
27 de decembro, 18:00
Pazo da Cultura