Evento: STRPTS: Fin de tempada
STRPTS: Fin de tempada
STRPTS: Fin de tempada
Espectáculo multidisciplinar da compañía Cinema Sticado
STRPTS: Fin de tempada é un espectáculo de cine ao vivo, ou tamén teatro multimedia, ou tamén teatro transmedia que combina diferentes técnicas teatrais como obxectos, monicreques, sombras e actores coa creación, manipulación e proxección en vivo de imaxe e son.
Un home e unha muller foxen perseguidos por unha mentira, mais non poden fuxir eternamente. Chegou a hora de afrontar o engano, a manipulación. Agora ben, con que armas? Coa verdade, con outra mentira. Serán quen de manterse no mesmo bando?
Ligazóns