Evento: Ciclo de cinema
Ciclo de cinema
A Sede Afundación da Coruña acolle de agosto a outubro numerosas actividades da Programación Lírica A Coruña 2018, como celebración dos 250 anos da fundación do primeiro teatro de ópera na cidade, ademais de lembrar o 65 aniversario da creación do Festival de Ópera herculino. Para iso, proxectaranse unha serie de filmes:
A muller pirata. Luns, 27 de agosto. 19.00 h
Jean Peters, Louis Jourdan, Debra Paget. Director: Jacques Tourneur. VOSE
Con motivo da estrea de Il Pirata de Bellini, proxéctase este clásico baseado no personaxe do capitán Providence, en realidade unha muller que se fai pasar por home, converténdose nun dos últimos grandes piratas de todos os tempos.
Fitzcarraldo, o soño dun home. Luns, 3 de setembro. 19.00 h
Klaus Kinski, Claudia Cardinale. Director: Werner Herzog. VOSE
Brian Fitzgerald «Fitzcarraldo», un excéntrico e megalómano home de negocios obsesionado coa ópera, proxecta construír un teatro en pleno Amazonas. O filme foi premiado nos BAFTA, Globos de Ouro, Cannes e no Festival de Cinema Alemán.
A viaxe a ningunha parte. Luns, 10 de setembro. 19.00 h
José Sancristán, Laura del Sol, Juan Diego. Director: Fernando Fernán
Gómez «Os cómicos da legua», retratados nesta obra mestra do cinema español, viven toda sorte de peripecias no franquismo dos anos 40 para loitar contra a fame e lograr o éxito no difícil mundo da interpretación. Goya á Mellor Película, Dirección e Guión.
A Frauta Máxica. Luns, 17 de setembro. 19.00 h
Ulrik Cold, Birgit Nordin, Josef Köstlinger. Director: Ingmar Bergman. VOSE
Unha das obras máis humanas de Bergman mostra a súa visión da Frauta Máxica de W. A. Mozart, que non deixou de asombrar ao público pola súa proximidade e a sinxela exposición de fraternidade universal. Premiada nos Óscar, Globos de Ouro e César.
A Lei do silencio. Luns, 24 de setembro. 19.00 h
Marlon Brando, Lee J. Cobb, Eva- Marie Saint. Director: Elia Kazan. VOSE
O xefe do sindicato portuario dos peiraos neoiorquinos explota aos estibadores con manobras mafiosas. Terry Malloy ( Marlon Brando), un boxeador fracasado que traballa para el, vese implicado nun dos seus crimes... 8 Óscar e 4 Globos de Ouro. O compositor e director Leonard Bernstein asina a banda sonora.
Io, Don Giovanni. Xoves, 27 de setembro. 19.00 h
Director: Carlos Saura. Presentada polo propio director e un dos seus protagonistas, o barítono coruñés Borja Quiza.
Itinerario sobre a colaboración entre o libretista Lorenzo Daponte e W. A. Mozart na creación da obra mestra Don Giovanni. O filme céntrase no autor do libreto, a forza inspiradora da obra do xenio austríaco, e nas diversas leas que xorden na súa xestación.
Un día en Nova York. Luns, 1 de outubro. 19.00 h
Gene Kelly, Frank Sinatra, Betty Garrett. Director: Stanley Doen. VOSE
Tres mariñeiros gozan dun alegre, romántico e musical día de permiso... O xenial Stanley Doen dirixe aquí aos naquel entón novos Gene Kelly e Frank Sinatra nunha das grandes comedias musicais do cinema. No filme, Leonard Bernstein é o autor do popular musical On the town.
Trouble in Tahiti. Luns, 8 de outubro. 19.00 h
Karl Daymond, Stephanie Novacek. Director: Tom Cairns. VOSE
Unha obra deliciosa na que se mostra unha das óperas quizais menos coñecidas do compositor e director Leonard Bernstein. Nesta versión, a dirección musical corre a cargo de Paul Daniel, o actual director titular da Real Filharmonía de Galicia.
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual